Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o proxecto de derrubo dun edificio da...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o proxecto de derrubo dun edificio da rúa Sol para liberar a ribeira do Anllóns

Luns 29 de setembro do 2008

O Concello de Carballo porá a disposición de Augas de Galicia os terreos para a execución das obras -que no seu momento foron adquiridos aos seus propietarios mediante a concesión por parte da Administración Local dunhas parcelas situadas no entorno do Centro Comercial Bergantiños-Haley, doutras na zona do IES Parga Pondal e 54.000 euros en metálico- así como a auga necesaria. Así mesmo, o Concello concederá os permisos administrativos pertinentes para o desenvolvemento dos traballos.

Por outra banda, o Concello comprométese a asumir a explotación, mantemento e conservación das obras, unha vez recepcionadas por Aguas de Galicia e entregadas á Administración Local. O goberno espera liberar a canle do río coa demolición deste edificio, e poder seguir actuando na mesma liña no futuro noutros puntos do casco urbano, recuperando así as marxes do Anllóns para o disfrute dos veciños e veciñas.

Compartir: