Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello informa dos horarios e datas para o...

SERVIZOS

O Concello informa dos horarios e datas para o depósito de lixo nos colectores de residuos orgánicos

Martes 30 de setembro do 2008

Por outra banda, o centro urbano de Carballo dispón dun servizo de recollida selectiva de lixo, mediante o que os habitantes do municipio poden contribuír á defensa do medio, separando o lixo no seu domicilio. Existen colectores específicos para cada tipo de refugallos. Así, os restos orgánicos deben depositarse no colector verde, os bricks e as latas no colector amarelo e o papel e o cartón no azul. O vidro vai aos iglús verdes. Por último, as baterías e os medicamentos son recollidos en diversos establecementos colaboradores e nas farmacias da vila, respectivamente.

Así mesmo, a Concellaría de Servizos lembra que existen outros medios de recollida de residuos, como o Punto Limpo, o Punto Limpo Móbil, ou a recollida de cartón a pé de porta mediante a campaña 'Sácalle o aire'. Estes servizos contan cos seguintes horarios:

  • Cartón pregado a pé de porta: todos os luns, mércores e venres ás 20.00 horas.
  • Punto Limpo: martes, xoves e sábados de 10.00 a 13.00 horas.
  • Punto Limpo Móbil: primeiro martes de cada mes, previo aviso ao 981 701 642.
  • Materia orgánica: depositar de 19.00 a 22.00 horas, excepto o domingo no que non se pode depositar o lixo.
  • Materia inerte -baterías, latas, vidro, etc.-: depositar a calquera hora.

Compartir: