Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Viveiro de Empresas de Bértoa acolle...

FORMACIÓN E EMPREGO

O Viveiro de Empresas de Bértoa acolle tres cursiños gratuítos para traballadores e empresarios

Xoves 2 de outubro do 2008

Cada un dos asistentes a estas actividades recibirá como agasallo un lector de DNI dixital, así como un DVD con ferramentas informáticas para as Pequenas e Medianas Empresas (PEMEs) de Software Libre. Á hora de facilitar a asistencia, está previsto que os horarios dos cursiños poidan adaptarse á xornada laboral, polo que as clases serían de 19.00 a 22.00 horas, aínda que dependendo do grupo de alumnos, podería haber lixeiras modificacións.

En canto aos temas que se abordarán, no caso do cursiño sobre Comercio Electrónico -do 13 ao 15 de outubro-, o temario tratará sobre as tecnoloxías aplicadas a este tipo de transaccións, as medidas de seguridade a ter en conta ou a lexislación vixente. No caso da Factura Electrónica -do 29 ao 31 de outubro-, falarase sobre o seu marco legal, as vantaxes que comporta ou o xeito correcto de empregala. Por último, no cursiño sobre o DNI Dixital -que será do 14 ao 18 de novembro- os interesados poderán aprender o funcionamento deste novo documento de identidade, ou como empregar os certificados e a sinatura dixital.

Para formalizar as inscricións, os interesados poden facelo a través de varias vías. En primeiro lugar a través de Internet na web de Aulapms Formación Online da Consellería de Innovación; en segundo, por correo electrónico, na dirección info@fegape.org; tamén a través do número de teléfono 981 145 134; e por último, enviando por fax ao 981 145 923 un formulario no que conste o nome e apelidos, teléfono, correo electrónico, o curso no que se está interesado, o lugar (especificando que é no Viveiro de Empresas de Carballo), e a data e sinatura.

Compartir: