Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta inviste 2,8 millóns de euros na...

MEDIO AMBIENTE

A Xunta inviste 2,8 millóns de euros na construción da estación depuradora e os colectores xerais para o entorno de Baldaio

Xoves 2 de outubro do 2008

As infraestruturas en materia hidráulica consistirán na construción dunha nova EDAR xunto ao río Rapadoiro con capacidade para depurar as augas residuais de 2.000 habitantes equivalentes, así como unha rede de nove colectores por gravidade que conecten coa estación para recoller e depurar as augas residuais das parroquias de Noicela, Rebordelos, Lema e Vilela, ademais de cinco estacións de bombeo para impulsar a auga. As obras teñen un prazo de execución estimado de 25 meses, dos cales un mes será para a redacción do proxecto, 12 meses para a execución e outro ano será de explotación.

Con esta actuación, o Goberno local continúa co seu plan para dotar de saneamentos a toda a franxa costeira do municipio, despois de que xa esté iniciada a actuación para dotar a Razo dunha estación con capacidade para depurar as augas de 4.000 habitantes. Sumando as inversións realizadas pola Xunta, a Deputación provincial e o propio Concello, o Goberno local avanza que ao remate deste mandato -incluíndo as obras nas parroquias do interior- teranse investido máis de dez millóns de euros para dotar de saneamentos e servizos de depuración á maioría dos núcleos do territorio municipal.

Compartir: