Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Goberno Galego autoriza o inicio das...

POLÍTICA TERRITORIAL

O Goberno Galego autoriza o inicio das expropiacións do tramo Carballo-Berdoias para a nova autovía da Costa da Morte

Xoves 2 de outubro do 2008

Esta autovía, totalmente gratuíta para os usuarios, forma parte da nova infraestrutura viaria da Costa da Morte que acadará un investimento total de 340 millóns de euros. Esta vía de altas prestacións garantirá a accesibilidade e a mobilidade para todos os concellos que integran as comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra e permitirá que os seus cidadáns dispoñan dunha infraestrutura de comunicacións segura e con capacidade para absorber os tráficos xerados.

Ademais, a Consellería de Política Territorial redactou un proxecto que permitirá garantir a fiabilidade de toda a vía e dotala de mellores condicións de seguranza. Deste xeito, agora faise unha vía de nova construción en todo o seu percorrido de 71 quilómetros desde a autoestrada A Coruña-Carballo ata Cee e Fisterra. O tronco principal da nova infraestrutura da Costa da Morte ten unha lonxitude de 50,4 quilómetros entre Carballo e Cee, dos cales o 84 por cento do percorrido (os 42 quilómetros entre Carballo e Berdoias) terán características de autovía, é dicir, con dous carrís por sentido separados por unha mediana. A infraestrutura complétase coas variantes de Cee-Sardiñeiro (xa en execución), a Cee-Brens e a circunvalación de Carballo.

Compartir: