Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT levanta o pano coa X edición da...

OUTONO DE TEATRO

O FIOT levanta o pano coa X edición da Rúa dos Contos

Venres 3 de outubro do 2008

Os fieis a esta cita poderán comezar o venres 3 de outubro ás 20.00 horas na Cervexería San Juan co Padre Merino. Con 'A.M.E.N.' fai unha proposta na que tamén colle a maxia e a música en directo. Ás 21.15 horas O Patacón conta con Oswaldo e o seu 'Eche o que hai', que rezuma filosofía galega. Dende as 22.30, La Tentación acolle a Pepo Suevos, irreverente personaxe ao que todo lle vale para acadar unha risa. Petit Comité chega ata A Reserva con 'Aquí no llama ni dios', con dúas mulleres arredor dun piano a partires das 23.45 horas. O Café Colón encherase á 1.00 con Celso Fernández e a 'Bicoca de boca en boca ou Contos que non falten'. E como peche, como ven sendo habitual, o público achegarase ao Pub Silfo, que contará con Ruso Negro, unha mestura de humor e música a partir das 2.00.

O programa so sábado 4 de outubro tamén ven cheo de sorpresas. A oferta ábrese ás 21.00 horas no Bodegón O Pescador con Xosé Touriñán, que conta cun gracioso suicida en 'Manolo Lojo'. Ás 22.15 chega á tasca A Cabaña David Amore con 'No censure', un repaso pola vida deste orixinal rapaz. O Valle Inclán únese ás 23.30 á Rúa dos Contos con 'As cantareiras' de Os dous de sempre e ás 00.45 o Cosmic encherase cos '4 monólogos e unha canción desafinada' de Antón Coucheiro, que interpreta a catro personaxes. Ás dúas da madrugada, o peche da noite recae de novo no pub Silfo, que ten en Pepa & Davide + Madamme Cell a dúas voces temperamentais que representan 'O negro vai con todo'. Xa está todo listo, e o 3 de outubro, levántase de xeito definitivo, o pano do FIOT.

Compartir: