Inicio Carballo ao día Hemeroteca O IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar...

DEPORTE

O IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar centrará en Carballo a actividade das bases deste deporte en Galicia

Luns 6 de outubro do 2008

Dende a organización, Joaquín Moreira sinala que esta cita suporá a chegada de entre 300 e 400 persoas a Carballo a próxima fin de semana, tan só entre os espectadores movilizados a través das preseleccións da Federación Galega, aos que haberá que unir os do resto dos clubes, o que permitirá que a maioría da actividade baloncestística das categorías de base en Galicia se centre en Carballo durante este torneo. Javier García, en representación da Federación Galega, amosou a súa satisfacción polo que califica como unha "bonita xornada" que espera que se repita no futuro.

Pola súa banda, o Alcalde, Evencio Ferrero, quixo felicitar á organización polo seu labor coa creación dun torneo que espera que sirva para "dar proxección a novos valores". Ferrero subliñou o labor das escolas deportivas de Carballo "imitado por outros concellos" e desexou que o baloncesto "poida contar con estes escaparates durante moito tempo". Os enfrontamentos desenvolveranse no pavillón da Zona Escolar e no pavillón Bergantiños o domingo 12 de outubro de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Ademais do Artai e da Federación Galega, organizan o Concello de Carballo e o Padroado Deportivo Municipal. Patrocinan a Comisión de Festas do Pilar, a tenda deportiva De-Tres e o hotel Punta del Este.

Compartir: