Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello carballés eliminou 20...

BRIGADA DE MEDIO AMBIENTE

O Concello carballés eliminou 20 vertedoiros incontrolados entre os meses de agosto e setembro

Martes 7 de outubro do 2008

Neste tipo de vertedoiros tamén é habitual atopar residuos procedentes de talleres mecánicos, roupas, pneumáticos, mallas metálicas ou grandes cantidades de vidro. Nesta última campaña, entre as parroquias afectadas atópanse Bértoa, Rus, Goiáns ou Sofán, entre outras. O Concello carballés, dende a Concellaría de Servizos que dirixe Luís Lamas, pide aos veciños e veciñas que lembren e respecten as indicacións da ordenanza de limpeza, que prohíbe o depósito e vertido de lixos e residuos en zonas distintas ás instalacións municipais destinadas a tal fin. No caso dos voluminosos, a multa pode chegar ata os 500 euros.

A Concellaría de Servizos tamén quere lembrar que hoxe, 7 de outubro, está en marcha o Punto Limpo Móbil ao ser primeiro martes de mes. Para desfacerse dos chamados voluminosos -como son electrodomésticos, sofás, colchóns, televisores, mobles, etc.- a través deste servizo, hai que chamar previamente, alomenos con 24 horas de antelación, ao 981 701 642. Estes restos tamén poden levarse voluntariamente ata o Punto Limpo carballés, que está aberto os martes, xoves e sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Compartir: