Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca aos placeiros para valorar a...

COMERCIO E PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello convoca aos placeiros para valorar a proposta de novo mercado presentada por Mercasa

Venres 10 de outubro do 2008

A xuntanza será no salón de plenos da Casa do Concello a partir das 20.30 horas e a ela está previsto que asistan o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o Tenente de Alcalde, José Antonio Viña, e o Concelleiro de Promoción Económica, José Manuel García Guillín. Nesta cita, está previsto continuar solucionando as dúbidas que xurdiron na anterior reunión, celebrada o 8 de xullo, e na que un dos temas principais foi o do financiamento, así como outras cuestións relacionadas cos dereitos administrativos das futuras concesións.

O goberno local espera poder contar coa colaboración dos placeiros -a maioría dos cales rematan a súa concesión no ano 2020- para acadar o importe da inversión necesaria. Pero ademais de seguir afondando neste tema, a cita tamén servirá para seguir avanzando na definición do proxecto do novo mercado.

Compartir: