Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellaría de Tráfico instala...

HUMANIZACIÓN DO CASCO URBANO

A Concellaría de Tráfico instala bolardos automatizados para regular a circulación na rúa Coruña

Venres 10 de outubro do 2008

Estes bolardos automatizados manipúlanse coa axuda dunha chave que estará en poder da Policía Local, que será a encargada de subilos e baixalos dependendo da hora do día. Así, hai que lembrar que a rúa Coruña está aberta á circulación, en dirección á rúa Martín Herrera, de 8.00 a 18.00 horas, quedando pechada o resto do día. Tamén está pechada ao tráfico os sábados e domingos, así como os xoves de feira durante toda a xornada a partires das 10.00 horas.

Seguindo coa idea de mellorar a imaxe do centro carballés, a Concellaría de Tráfico tamén ten previsto colocar nos accesos da rúa Hórreo -tanto dende a Camiño Novo, como dende a rúa Coruña- un panel onde se especifique que se trata dunha rúa peonil e onde tamén aparezan, así mesmo, imaxes de lugares representativos de Carballo. O obxectivo é suprimir o actual sinal vertical que indica que se trata dun espazo para peóns, menos acorde co resto de entorno que o futuro panel.

Compartir: