Inicio Carballo ao día Hemeroteca A compañía valenciana L'Om...

OUTONO DE TEATRO

A compañía valenciana L'Om Imprebís une no FIOT os clásicos e a improvisación máis delirante

Venres 10 de outubro do 2008

No que respecta ao referente que supón 'Don Juan Tenorio', o director Santiago Sánchez ofrece unha versión na que é fiel ao espíritu do autor, pero poñendo ao día o texto para achegalo ao espectador actual, reunindo na escea a emoción do verdadeiro teatro, cuns versos que o público recita de memoria e reproducindo unha marabillosa historia de amor. En cambio, en 'Imprebís', como o seu propio nome indica, todo é inesperado. Dous actores, un músico, un director e un iluminador crean cada día un espectáculo diferente nunha montaxe de fama internacional e que supuxo no seu momento -na estrea en 1994- unha das innovacións máis interesantes do teatro español.

Os interesados en ver estas dúas propostas tan dispares e de tanta calidade, poden facelo o sábado e o domingo no auditorio do Pazo da Cultura a partir das 21.00 horas. O prezo das entradas -para aqueles espectadores que non conten con bono nin minibono- é de 10 euros para 'Don Juan Tenorio-, e de 5 euros para 'Imprebís'. Previamente, hoxe venres 10 de outubro, Talía Teatro abre o programa con 'Anfitrión, e ti quen ves sendo?'.

Compartir: