Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello impulsa a cobertura de Internet de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello impulsa a cobertura de Internet de banda ampla para o medio rural do municipio

Luns 13 de outubro do 2008

O obxectivo fundamental desta medida, segundo aclara Xosé Manuel García Guillín, é o de proporcionar o servizo de Internet de banda ampla ao medio rural carballés, o ámbito municipal no que se teñen detectado máis deficiencias de cobertura. A Xunta de Goberno Local tamén abordou outros asuntos, como a adxudicación do contrato de servizo para a 'Elaboración dun estudo director para a mellora do abastemento no termo municipal de Carballo'. Despois de que a Xunta de Goberno do 1 de setembro aprobara o expediente de adxudicación, agora elixe de xeito provisional á empresa Eyser Estudios y Servicios SA para que realice o análise por un prezo de 53.000 euros e cun prazo de execución de 4,5 meses. O obxectivo é estudar en profundidade o sistema de subministro de auga do Concello, tentando atopar o xeito de mellorar este servizo e adiantarse ao forte crecemento que Carballo está a experimentar nos últimos tempos.

Esta sesión da Xunta de Goberno tamén tivo outros asuntos na orde do día, como a concesión de subvencións para actividades que desenvolven accións no eido dos servizos sociais; o convencio de colaboración entre o Concello e a Cámara de Comercio para o desenvolvemento do programa de 'Servicios de Proximidad para la Pequeña y Mediana Empresa'; ou a aprobación do expediente de contratación para o programa 'Concilia' de protección, vixiancia e almorzo para os escolares dos colexios de Infantil e Primaria do municipio. Por último, tamén se produciu a adxudicación definitiva do contrato para o 'Subministro e montaxe de xogos infantís para parques municipais no municipio de Carballo', que tivera a súa adxudicación provisional na Xunta de Goberno do 15 de setembro para a empresa Ludípolis SL no prezo ofertado de 42.105,33 euros.

Compartir: