Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello concede doce subvencións por un...

BENESTAR

O Concello concede doce subvencións por un importe de 15.000 euros para desenvolver actuacións no eido dos servizos sociais

Martes 14 de outubro do 2008

Tamén se verán beneficiadas por estas subvencións as seguintes asociacións: Íntegro, Agafi (Asociación Galega de Fibromialxia), Cáritas Interparroquial, Bergantiñán FAEM e a Asociación para a Terceira Idade San Xoán Bautista. Coa axuda do Concello carballés, estas entidades poderán financiar accións que se desenvolvan ou teñan sido desenvolvidas ao longo de 2008 destinadas á comunidade, á familia, á infancia e á mocidade, a persoas con discapacidades, ao colectivo da terceira idade, á muller, á prevención de drogodependencias e alcoholismo, a minorías étnicas, á reinserción de delincuentes ou a calquera problemática de marxinación social.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local do 13 outubro tamén serviu para aprobar cinco certificacións de obras por máis de 103.000 euros sobre un importe total do desenvolvemento de cinco actuacións por 602.000 euros. Trátase da terceira certificación do 'Proxecto de urbanización da Escola Taller de Carballo. Acondicionamento do Campo da Feira da Milagrosa'; da primeira da 'Rede de saneamento en Cernide'; da liquidación final da 'Ampliación de beirarrúas e dotación de equipamento urbán na rúa Gran Vía'; da certificación única do 'Camiño de Muíño de Barbalde a Altivoa'; e da liquidación do 'Reformado, remodelación, adaptación e mellora do Concello de Carballo'.

Por último, o goberno aprobou a adxudicación do 'Servizo de dirección e coordinación da Banda de Gaitas Municipal' por dous anos e un importe de 12.000 euros, así como a sinatura dun convenio con Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) para o desenvolvemento de prácticas no Concello de Carballo ou un convenio coa Cámara de Comercio que permite o desenvolvemento de servizos de atención a empresarios a través da Antena local de Carballo.

Compartir: