Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entran en funcionamento no centro...

NOVAS TECNOLOXÍAS

Entran en funcionamento no centro carballés dous puntos dixitais de información pública

Mércores 15 de outubro do 2008

Durante os próximos días, sen embargo, está previsto seguir facendo pequenos cambios, especialmente no que respecta á luminosidade dos paneis e á súa inclinación e orientación para asegurar o seu mellor rendemento. Estas dúas pantallas xigantes están suxeitas a un contrato de 'Concesión de uso preventivo de dominio público para a exposición de publicidade gráfica'. Por este acordo unha empresa foi a encargada de asumir os gastos para instalar estes paneis dixitais (ou LEDs).

Este convenio concede o permiso para a implantación destes puntos de información para o seu emprego publicitario a cambio do abono dun canon anual e de que o Concello tamén poida usar estas pantallas para ofrecer información de carácter municipal. Os veciños e veciñas recibirán información puntual sobre actividades culturais e deportivas, cursiños, citas municipais, ou incluso sobre do pagamento dos impostos. Con esta medida o goberno local espera seguir avanzando na implantación das novas tecnoloxías no municipio e no achegamento das plataformas dixitais aos cidadáns.

Compartir: