Inicio Carballo ao día Hemeroteca Dous vellos coñecidos da escea carballesa,...

OUTONO DE TEATRO

Dous vellos coñecidos da escea carballesa, Teatro Meridional e Lagarta Lagarta, protagonizan a segunda fin de semana do FIOT

Venres 17 de outubro do 2008

O venres 17 de outubro é o turno dos madrileños de Teatro Meridional, co espectáculo 'La verdadera historia de los hermanos Marx'. Dirixida polo recoñecido Julio Salvatierra, esta obra recrea nunha comedia musical o universo humorístico, vital, cinematográfico e teatral dos irmáns Marx, no que non faltan as esceas máis lexendarias destes personaxes marxinais reconstruídos nunha nova aventura disparatada interpretada polos excelentes actores de Meridional.

O domingo 19 de outubro serán os santiagueses de Lagarta Lagarta, con Ernesto Chao e X.M. Olveira 'Pico', quenes leven á escea 'Aeroplanos' baixo a dirección de Rosa Álvarez. Trátase dunha comedia idealista e enxeñosa sobre dous viúvos que son amigos da infancia. Tralo pasamento das súas parellas, esa amizade verase reforzada, converténdose en imprescindibles o un para o outro, aínda que con constantes diferenzas entre eles.

Estes dous espectáculos serán no auditorio do Pazo da Cultura a partir das 21.00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros. Ademais, esta fin de semana continúan as actividades paralelas, co Teatro de Rúa da compañía Azar Teatro e coa representación o sábado 18 a partir das 00.00 horas da compañía Manicómicos. Porán en marcha 'De-primidos ao río', un espectáculo que ten referencias do clown, o cabaret musical e a improvisación teatral. Esta actuación terá lugar no Pub Dublín e a entrada é de balde.

Compartir: