Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principian as prácticas profesionais do...

FORMACIÓN E EMPREGO

Principian as prácticas profesionais do Centro Municipal de Formación coa colaboración de once empresas da comarca

Venres 17 de outubro do 2008

As prácticas profesionais principian o luns 20 de outubro para oito alumnas do curso de Maquinista de Confección Industrial que desenvolverán e defenderán un posto de traballo en catro talleres textis da nosa comarca onde porán en práctica a aprendizaxe adquirida durante a acción formativa e terán a posibilidade de aprender novos coñecementos baseados nas esixencias do mercado laboral.

Será a mediados do mes de novembro cando comecen as prácticas os 8 alumnos que están participando nos cursos de Chapista-Pintor de Vehículos e Electricidade de Edificios. O desenvolvemento destas prácticas terá lugar en 3 talleres de automoción e 4 empresas de electricidade. A duración desta actividade será de 10 días por cada acción formativa. O Centro Municipal de Formación continúa así co seu labor de poñer en marcha políticas activas de emprego encamiñadas a facilitar as posibilidades de acceso ao mundo laboral dos diferentes colectivos en situación de desemprego.

Compartir: