Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle un Encontro dos Axóuxeres...

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Carballo acolle un Encontro dos Axóuxeres para bebés co obxectivo de fomentar a transmisión da lingua galega

Luns 20 de outubro do 2008

A montaxe vai dirixida a bebés e cativos de 1 a 5 anos de idade, e aos seus pais e nais. O espectáculo ten unha hora de duración e nel poden participar un máximo de 60 persoas (20 bebés cos seus acompañantes). A produción do espectáculo corre a cargo da empresa Galitoon, e nel interveñen cantantes, músicos e actores, ademais de Totó, un boneco inmerso na aprendizaxe das súas primeiras palabras.

As familias que desexen participar nesta iniciativa deberán inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 686 160 879, dadas as limitacións de capacidade requiridas polas características da actividade, que está promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, onde tamén se pode obter información a través do 981 704 304.

Compartir: