Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo, galardoado co premio...

NORMALIZACIÓN DOS DISCAPACITADOS

O Concello de Carballo, galardoado co premio ONCE-Galicia á Solidariedade de Integración Laboral

Luns 20 de outubro do 2008

Xunto co Concello de Carballo, hai outras tres categorías e galardoados. Así, tamén foi premiada a Asociación pro Discapacitados Psíquicos Apader, de Cedeira, no apartado de accesibilidade universal e igualdade; no apartado de medios de comunicación, a distinción recae en Localia TV; e por último, Cottolengo del Padre Alegre, de Santiago de Compostela e Pilar Mingote, presidenta da Asociación Nosotras Intramuros, comparten o premio ao galego que máis ten contribuído á integración no último bienio.

Os premios ONCE-Galicia á Solidariedade, organizados polo Consello e a Delegación Territorial da ONCE, chegan este ano á súa cuarta edición, e nesta ocasión a entrega de galardóns será o próximo día 28 de outubro na Deputación de Lugo, ata a que se desprazará o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, en representación do Concello, para recoller este recoñecemento de mans do presidente da ONCE. Tamén será o encargado de intervir no nome de todas as persoas e entidades distinguidas nesta edición.

Compartir: