Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello formaliza a cesión dunha...

SINATURA

O Concello formaliza a cesión dunha parcela para a creación de vivendas de protección na Milagrosa

Martes 21 de outubro do 2008

Será o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) o que reciba a parcela, xurdida a partir da agrupación de cinco terreos situados entre as rúas Xílgaro e Saturnino Cuíñas, entre o recinto da Casa dos Oficios e o colexio Xesús San Luís Romero no barrio da Milagrosa. A edificación permitida nesta zona é de baixo e catro andares, polo que a parcela podería chegar a albergar arredor dunhas 30 vivendas, aínda que será o IGVS o que determine o aproveitamento e as características do novo edificio.

O Concello carballés continúa con esta actuación cun proceso para revitalizar o barrio da Milagrosa. De feito, esta zona opta á consecución de fondos europeos para levar a cabo o proxecto Temunde de aforro enerxético. Así mesmo, o rexedor, Evencio Ferrero, xa ten anunciado que hai novos compromisos firmes coa Consellería de Vivenda para seguir desenvolvendo actuacións nesta zona da capital municipal.

Compartir: