Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello presenta aos veciños e...

NOVAS TECNOLOXÍAS

O Concello presenta aos veciños e veciñas o proxecto para dotar de Internet de banda ampla ao medio rural do municipio

Sábado 4 de outubro do 2008

O Concello de Carballo vén de elaborar un estudo sobre a cobertura de Internet de banda ampla en todo o municipio para poder detectar os baleiros existentes e lograr que todos os lugares do territorio conten con este servizo. Despois de que se coñeceran os resultados desta análise o pasado verán, agora as empresas de comunicación interesadas en ofrecer este servizo poderán acordar co Concello os mecanismos necesarios para a realización dos traballos.

Nestes momentos, o 35 por cento dos residentes no rural carballés non poden acceder a internet de banda ampla. Coa elaboración deste proxecto, o obxectivo fundamental é o de subsanar esta situación e acadar que o servizo chegue ás parroquias rurais, o ámbito no que se teñen detectado máis deficiencias de cobertura. Os interesados en coñecer máis polo miúdo o proxecto, poden facelo o próximo venres 7 de novembro no Pazo da Cultura.

Compartir: