Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Consellería de Vivenda promove a...

O PRAZO PARA A CONTRUCIÓN É ATA O ANO 2017

A Consellería de Vivenda promove a creación de 600 vivendas de protección autonómica en Carballo

Domingo 5 de outubro do 2008

Está previsto que a nova área residencial ocupe as marxes da rúa Vila de Negreira, unha vía que tamén será urbanizada e que conectará coa futura circunvalación. Tamén aparecerán novas rúas e está previsto reservar espazo para zonas verdes -con 22.500 metros cadrados-, así como para equipamentos -con 10.500 metros-. Así mesmo, o plan inclúe a creación de 374 novas prazas de aparcamento, que virán a completar os estacionamentos do centro carballés.

O proxecto para a creación da área residencial da Agra da Lagoa está incluído nas actuacións previstas para a área funcional da Coruña. O proxecto pretende converterse nunha ferramenta urbanística supramunicipal que permita, dun xeito áxil e directo, dispoñer de solo residencial para destinalo a vivenda protexida, con independencia do planeamento urbanístico dos concellos. O Alcalde carballés, Evencio Ferrero, quixo resaltar a importancia do proxecto para a vila e agradeceu a colaboración da Consellería de Vivenda.

Compartir: