Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aborda a aprobación do Plan de...

SESIÓN ORDINARIA DE NOVEMBRO

O pleno aborda a aprobación do Plan de Obras e Servizos de 2009 por un importe de 685.000 euros

Venres 21 de novembro do 2008

Así, está prevista a instalación de colectores en As Torres, en Oza, por 89.409 euros; en Bolón, na parroquia de Sofán, por 79.102 euros; e en Guilfonxe, Bértoa, por 91.792 euros. Por outra banda, o POS de 2009 inclúe o ensanche e mellora da travesía de Bértoa nunha primeira fase dende o cemiterio cara a igrexa por 181.604 euros; a creación do acceso ao Porto de Razo en Arnados por 143.621 euros; e o afirmado da pista de Redonda a Vico de Ouxes, en Entrecruces, por 100.441 euros.

O Goberno tamén somete á aprobación do pleno o Plan Complementario do POS, no que se recollen os proxectos que previsiblemente poderán realizarse con cargo ás baixas das adxudicacións da Deputación. Trátase da rede de saneamento en Loenzo, en Bértoa, por 114.689 euros; e da pavimentación de pistas en Constenla, por 52.806.

Entre o resto dos asuntos da orde do día, hai que subliñar a concesión de 118 bolsas de estudos e transporte por 14.797 euros, dos que a maioría -9.400- irán destinados a axudas para alumnos de Educación Infantil. Así mesmo, o pleno presenta a Declaración Institucional do Día Internacional contra a Violencia de Xénero e debaterá unha modificación do PXOM para a protección integral do Pazo de Vilardefrancos e a actualización das tarifas das ordenanzas fiscais que gravan o subministro de auga. No apartado de mocións, TEGA presenta unha sobre a recuperación e aproveitamento dos ríos municipais.

Compartir: