Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita a colaboración do...

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

O Concello solicita a colaboración do Inega para desenvolver un plan de aforro enerxético

Luns 24 de novembro do 2008

O Concello presenta esta solicitude -que incluiría tanto asistencia técnica como económica- ante Juan José Álvarez Carril, director do Inega. Esta actuación, ademais da realización dunha auditoría, incluiría o desenvolvemento de charlas e outras actividades que permitisen crear unha ferramenta de apoio para os responsables municipais encargados da xestión de futuros proxectos, para que inclúan na súa toma de decisións as repercusións enerxéticas que deriven delas.

O Goberno local continúa así cun plan global de medidas destinadas a acadar o aforro e fomentar o emprego das enerxías renovables no municipio. Así, entre outras actuacións, o Concello vén de poñer en marcha paneis de enerxía solar térmica na piscina Carballo Calero -na imaxe- e tamén opta ao desenvolvemento do Proxecto Temunde de aforro enerxético para o barrio da Milagrosa.

Compartir: