Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo achégase aos movementos...

28 DE NOVEMBRO

Carballo achégase aos movementos migratorios a través dunha xornada de sensibilización

Luns 24 de novembro do 2008

A Xornada, que se desenvolve entre as 17.00 e as 21.00 horas, consta de dúas partes. Unha delas aborda de xeito máis específico o problema da emigración, facendo un repaso pola historia de Carballo e facendo tamén fincapé na situación actual da mocidade. O outro eixe temático céntrase na inmigración, nos desafíos da administración local neste eido e no papel que xogan as mulleres, os centros educativos ou a prensa na integración dos inmigrantes. Lourdes Rey invita ás veciñas e veciños a que participen "neste programa amplo, profundo e rigoroso, de interese para o público e tamén para as persoas máis relacionadas coa inmigración".

Na presentación desta actividade, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, subliñou a importancia das facilidades que o Concello ofrece a inmigrantes e emigrantes retornados, como un servizo gratuíto de asesoría xurídica, un programa de acollida integral, de acceso á vivenda ou de conciliación laboral e familiar. Ferrero resalta que "é un bo momento para reflexionar sobre os desafíos que hai cara ao futuro" e espera que a xornada se converta "nun importante elemento de dinamización". Os interesados e interesadas en inscribirse, poden obter máis información premendo aquí, ou no teléfono 981 704 700.

Compartir: