Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para a urbanización do entorno...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Luz verde para a urbanización do entorno da rúa Gravador Manuel Facal, no polígono 9 da capital municipal

Martes 25 de novembro do 2008

No apartado urbanístico, a Xunta de Goberno tamén aprobou de xeito definitivo o proxecto de compensación do polígono 11, no entorno da Vila de Negreira. Con este paso, defínense os terreos e viais do ámbito, ademais de adxudicarse as parcelas. O desenvolvemento da área está agora pendente da presentación do proxecto por parte dos propietarios. Por último, a sesión serviu para aprobar o proxecto de acometidas á rede xeral de saneamento do polígono 19 do PXOM, no entorno da rúa Antón Fraguas e a Avenida Ponte da Pedra.

Por outra banda, a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local serviu para adxudicar de xeito definitivo varios contratos. Entre eles, está o de servizos para a 'Elaboración dun estudo director para a mellora do abastecemento no termo municipal de Carballo', polo prezo de 53.000 euros e á empresa EYSER SA. O prazo de execución é de catro meses e medio. Tamén se adxudicaron outros dous contratos: o de 'Servizo de dirección e coordinación da Banda de Gaitas Municipal de Carballo' e o de 'Servizo de Ensino para a especialidade de percusión no Conservatorio Profesional de Música de Carballo'. O primeiro deles por 14.000 euros e un período de dous anos, e o segundo por 33.000 euros e un período así mesmo de dous anos.

Compartir: