Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo contará con dous campos de chave...

CULTURA E DEPORTE

Carballo contará con dous campos de chave na zona verde situada no entorno de Rego da Balsa

Mércores 26 de novembro do 2008

Por outra banda, o Goberno tamén deu luz verde á concesión de subvencións ás asociacións culturais do municipio para a realización de programas ou investimentos excepcionais ao longo de 2008, así como para o desenvolvemento do seu programa anual de actividades. O importe total das axudas chega aos 36.184 euros repartidos en 58 subvencións para un total de 46 entidades. Entre os investimentos autorizados, destaca a compra de ordenadores, instrumentos musicais, mobiliario ou material de iluminación, imaxe e son, entre outros.

Tamén no ámbito cultural, a Xunta de Goberno solicita a inclusión de Carballo no Programa de Cooperación da Deputación da Coruña para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello, que está presente no municipio dende o ano 2003. A través dun convenio de colaboración, o servizo prorrógase ata o 2011, e a Deputación achega ata un máximo de 12.000 euros por anualidade para o financiamento dos custos do SNL.

Compartir: