Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello garante que os xogos do parque...

OBRAS E SERVIZOS

O Concello garante que os xogos do parque infantil de Sofán cumpren todas as medidas de seguridade para o uso dos nenos e nenas

Xoves 27 de novembro do 2008

Os xogos, un total de catro -uns columpios, unha moto, unha casiña con tobogán, e unha flor con molles- contan así mesmo coas chapas legais que identifican ao fabricante e que certifican a súa homologación. Así mesmo, a superficie do parque está cuberta por unha grava especial para suavizar as caídas dos nenos e nenas, que tamén cumpre coa normativa e que é a habitualmente empregada neste tipo de instalacións. Por último, o Concello de Carballo aclara que comprou xogos certificados; que ten un informe favorable da área de xogos segundo o Decreto 245/2003; e que se están a facer as correspondentes inspeccións visuais e funcionais da área polo persoal municipal de mantemento.

Para ratificar a veracidade destas afirmacións, o Concello de Carballo pon a disposición de todos os veciños e veciñas nos arquivos axuntos a esta nova as características dos xogos do parque, os catro certificados de seguridade de cada un dos aparellos -facilitados por Galopín SL- e un informe técnico independente realizado este mércores 26 de novembro de 2008 no que se especifica que o parque infantil é apto e cumpre a normativa.

Compartir: