Inicio Carballo ao día Hemeroteca O 'Novembro con música 08' entra...

SANTA CECILIA

O 'Novembro con música 08' entra na súa recta final entre acordeóns e música coral

Venres 28 de novembro do 2008

O venres é o turno de Manolo Bello, que presenta o seu disco 'Frente al mar', o seu primeiro traballo con Asdúas, unha parella de mulleres naturais de Fene e Oza dos Ríos que, a pesares da súa xuventude, xa teñen recibido recoñecemento polo seu labor musical. Son Tamara Santamariña e Sabela Caamaño. O disco inclúe dez temas -oito de creación propia e dous clásicos-, ademais dun vídeo sobre a canción 'A Coruña'.

O sábado chega a música vogal con agrupacións como a Coral Santa María de Cambre, a Coral Polifónica Agarimo de Sillobre (Fene) e os organizadores, a Coral Polifónica de Bergantiños, que ofrecerán o mellor do seu repertorio. E despois dos concertos para os máis maiores, tamén chega o turno para os cativos e cativas. O ciclo de concertos 'EN FAMILIA' ofrece a actuación de Mamá Cabra con 'Cantos rodados', un orixinal proxecto educativo-musical para nenos e nenas de entre 3 e 10 anos de idade. A cita é o domingo ás 18.00 horas, tamén no auditorio do Pazo da Cultura. Todas as convocatorias da fin de semana son de balde.

Compartir: