Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os contacontos, a música, Papá...

CULTURA

Os contacontos, a música, Papá Noel, os Reis Magos e o Nadal Pequespectacular, protagonistas do Nadal Cultural en Carballo

Venres 12 de decembro do 2008

Todas as actividades son de balde, excepto no caso do Nadal Pequespectacular, no que as entradas son de 3,5 euros para a actuación de Búho y maravillas, que representarán o 21 de decembro 'Los músicos de Bremen' con monicreques, teatro e música; e de 2,5 euros no resto dos casos, con actuacións de Galitoon, Artello Teatro alla scala 1:5, e o mago Luís Boyano os días 28, 29 e 30 de decembro respectivamente. As sesións serán no Pazo da Cultura ás 18.00 horas. Haberá descontos para os adultos que compren un bono -de 8 euros- para todas as funcións, e tamén do 50 por cento para os menores de 12 anos e os maiores de 65.

Máis aló do Nadal Pequespectacular, dúas cousas que non poden faltar son as visitas de Papá Noel e os Reis Magos. As escolas unitarias poderán desfrutar de Santa Claus os días 18, 19 e 21 de decembro. A gran Cabalgata de Reis de Carballo será, como cada ano, o 5 de xaneiro, con presenza tamén nas parroquias do municipio. Por último, o día de Nadal as escenificacións dos nacementos viventes serán as protagonistas. Un completo programa para o que a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, quere agradecer a colaboración da Xunta, da Deputación, e de varias empresas e asociacións do Concello.

Compartir: