Inicio Carballo ao día Hemeroteca O proceso de revisión do catastro urbano...

PATRIMONIO

O proceso de revisión do catastro urbano do Concello carballés entra na súa última semana

Luns 15 de decembro do 2008

Deste modo afronta a súa fase final un proceso de revisión catastral que principiou no Concello en outubro de 2003 e que agora xa ten fixados os novos valores de todas as propiedades -solares e construcións- que se atopan dentro do chan urbano (urbano consolidado, urbano non consolidado e urbanizable delimitado) e dos núcleos rurais do municipio. Igualmente, dende o Ministerio xa está realizada a nova valoración de todas as vivendas e construcións que están edificadas sobre chan rústico, e que, tras esta revisión, deixarán de pagar o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) Urbanos, e pasarán a pagar o IBI de Rústicos.

O novo valor catastral será efectivo o 1 de xaneiro de 2009. Contra a notificación do novo valor, os interesados poden interpoñer un recurso no prazo dun mes, sen que a súa interposición supoña anular ou suspender o novo valor, que será efectivo, de tódolos xeitos, en 2009 e ata que o recurso se resolva. O Concello realiza un chamamento aos veciños e veciñas para que solucionen estes días as súas dúbidas no Pazo da Cultura.

Compartir: