Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello instala quince novos colectores de...

MEDIO AMBIENTE

O Concello instala quince novos colectores de recollida selectiva nos pavillóns polideportivos e centros escolares

Martes 16 de decembro do 2008

No primeiro caso, os colectores foron instalados no pavillón Carballo Calero -que conta con dous contedores- e no Vila de Noia -con catro-. No referente aos centros educativos, o Concello subministrou o servizo aos colexios que así o solicitaron, que neste caso foron os CEIP Fogar, Bergantiños e Xesús San Luís Romero, que contan xa con tres colectores amarelos cada un. Neste tipo de contedores poden depositarse envases de auga mineral, refrescos ou zumes, vasos de iogur, latas de bebida ou conserva, briks de leite ou zume, bolsas e envoltorios de plástico, tapóns de botellas, etc.

Esta actuación, enmarcada dentro do programa Carballo Limpo do Concello carballés, pretende seguir concienciando aos veciños da necesidade da reciclaxe como un acto cotián. Cun simple xesto, os usuarios dos pavillóns e o público asistente ás competicións deportivas, así como os nenos e nenas dende os seus colexios, poden contribuír á defensa do medio.

Compartir: