Inicio Carballo ao día Hemeroteca O prestixioso director Jordi Mora ofrece un...

NADAL CULTURAL

O prestixioso director Jordi Mora ofrece un concerto coa Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais

Xoves 18 de decembro do 2008

Integrada por 50 compoñentes, a Orquestra de Altos Estudos Musicais chega a Carballo baixo a dirección de Jordi Mora como invitado, xa que este prestixioso músico tan só dirixe dous dos concertos dos alumnos da Escola en Galicia. Mora tense formado en Barcelona e Alemaña como oboísta, ademais de estudar Dirección Orquestral e Fenomenoloxía da Música. Ten impartido numerosas clases maxistrais, ademais de cursos de dirección e ten dirixido numerosas orquestras. Actualmente é director titular da I Orquestra Sinfónica Segle XXI de Cataluña e da Bruckner Akademie Orchester de Munich.

A Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago é un centro para a educación musical xestionado pola Consellaría de Cultura a través da Agadic. A súa prioridade é a formación e perfeccionamento de futuros profesionais galegos da música clásica, así como a organización de diferentes actividades de divulgación musical. A Escola conta cun total de doce especialidades e o centro conta tamén coa colaboración de recoñecidos profesionais da música do máis alto nivel. A orquestra dos alumnos e alumnas, baixo a dirección de Jordi Mora, ofrecen unha oportunidade musical única.

Compartir: