Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta e o Concello financian con máis...

OBRAS

A Xunta e o Concello financian con máis dun millón de euros a mellora da travesía de Malpica

Venres 19 de decembro do 2008

As obras consistirán na mellora da pavimentación da avenida, a ampliación da calzada e a instalación de beirarrúas e aparcadoiros. Dado o carácter urbano deste treito, a actuación inclúe a renovación dos servizos (redes de abastecemento e de saneamento, tendido eléctrico, iluminación, etc.) que presentan deficiencias e a súa extensión ás zonas que aínda non dispoñen deles.

Unha vez concluídos os traballos, o treito obxecto de reforma será transferido ao Concello de Carballo que, a partir dese momento, asumirá a explotación, mantemento e conservación da avenida de Malpica. Así mesmo, o convenio tamén recolle unha cláusula específica pola que o Concello de Carballo acepta a transferencia da titularidade duns 120 metros da estrada Carballo-Buño (AC-414) que van desde o final da avenida de Malpica (AC-416) ata o enlace coa autovía A Coruña-Carballo (AG-55) e doutros 900 metros da estrada A Coruña-Cee (AC-552) desde o cruzamento coas rúas Emilia Pardo Bazán e Portugal ata o cruzamento coa rúa Río Anllóns, que pasan a ser de competencia municipal.

Compartir: