Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principian os traballos da autovía entre...

O PROXECTO ACADA UN ORZAMENTO DE 250 MILLÓNS

Principian os traballos da autovía entre Carballo e Berdoias, principal tramo da vía de alta capacidade da Costa da Morte

Luns 22 de decembro do 2008

O proxecto supón a creación dunha autovía libre de peaxe que comunicará a capital municipal con Berdoias (en Vimianzo) e dará servizo aos 16.000 vehículos que na actualidade empregan a diario este traxecto, que nestes momentos tense que realizar a través da comarcal AC-552. O treito da autovía entre Carballo e Baio entrará en servizo en 2010, mentres que a prolongación ata Berdoias estará rematada seis meses despois, posiblemente en 2011. A nova infraestrutura conta cun total de 42 quilómetros- o 84 por cento do recorrido de toda a vía de alta capacidade- e terá once enlaces e outros tantos viadutos.

O Alcalde carballés, Evencio Ferrero, resaltou durante o acto de inauguración que un día como o 22 de decembro, que hai xusto un ano repartiu fortuna entre os veciños e veciñas co Gordo de Nadal, agora tamén é unha data relevante porque ve o nacemento "da obra máis importante que se ten celebrado entre nós". Ferrero describiu a nova autovía como a "arteria que nos fará mover" e desexou que sirva para artellar o territorio. Así mesmo, durante o acto, María José Caride anunciou que avanzan os trámites para crear a futura circunvalación de Carballo, que nestes momentos está pendente da declaración de impacto ambiental.

Compartir: