Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado o convenio entre o Concello e a...

FORMACIÓN E EMPREGO

Asinado o convenio entre o Concello e a Deputación para financiar con 500.000 euros a Casa dos Oficios

Luns 22 de decembro do 2008

O conxunto da Casa dos Oficios -situado no barrio da Milagrosa- articúlase a través de cinco edificacións: as dúas primeiras correspóndense cunha sede administrativa, unha sala de exposicións e a aula magna; mentres que as outras tres naves albergarán as áreas docentes, os talleres e as aulas do Centro Municipal de Formación. Nestes momentos o Concello carballés conta co apoio da Unión Europea para a realización desta infraestrutura a través dos fondos Feder cunha subvención de 3.260.000 euros para o proxecto Forum Carballo.

Esta inxección económica permitirá non só rematar o proceso construtivo, senón equipar axeitadamente cada un dos edificios da Casa dos Oficios, ademais de poñer en marcha accións para a dinamización socio económica do barrio Milagrosa. O investimento global do proxecto Forum chega ata os 4.658.000 euros, dos que o Concello deberá aportar un 30 por cento, o que implica unha achega de 1.397.000 euros que o Goberno local asumirá en tres anualidades. A Casa dos Oficios deberá estar en pleno funcionamento en 2010.

Compartir: