Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicación definitiva da...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicación definitiva da 'Execución da remodelación do Mercado' á empresa carballesa Decoraciones J. Bello

Luns 15 de marzo do 2010

No que respecta ao proceso de remodelación do mercado de abastos, nestes momentos xa se ten realizado a proposta de adxudicación provisional para a 'Dirección da execución e coordinación de seguridade e saúde da obra de Remodelación do Mercado Municipal do Concello de Carballo'. Así mesmo, xa ten principiado o traslado provisional dos postos do mercado mentres duren os traballos da reforma integral, xa que o acordo recibiu o visto e prace o pasado mes de decembro. As melloras comezarán nos establecementos exteriores, un total de 16, os primeiros en sufrir o traslado, situándose no andar superior do mercado. Durante o seu aloxamento provisional, todos contarán cunha superficie igual ou, nalgúns casos, lixeiramente superior á actual.

A Xunta de Goberno tamén concedeu unha subvención de 300,51 euros a unha empresa do municipio no marco do programa Carballo Activa, unha liña de apoio directo ás empresas en marcha de 1999 que serve como medida operativa para reducir os índices de desemprego locais e comarcais. Esta subvención trata de promover activamente a inserción do alumnado do Centro Municipal de Formación que ao finalizar o seu período formativo reciba unha avaliación positiva. As axudas varían en función da duración do contrato e do sexo do alumnado, tendo en conta a difícil situación da muller para incorporase ou reinserirse no mercado de traballo. A Xunta de Goberno tamén supuxo a concesión dun vao permanente na rúa Alfredo Brañas; de cinco licenzas de obra e de sete licenzas de primeira ocupación.

Por último, tivo lugar a adxudicación provisional do contrato administrativo especial para a 'Cobertura das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais; e a aprobación definitiva dunha modificación no expediente de contratación do contrato de obra da 'Execución do centro social de Cances da Vila'.

Compartir: