Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de seis rutas de sendeirismo por...

ENTRE O 11 DE ABRIL E O 13 DE XUÑO

Un total de seis rutas de sendeirismo por Bergantiños conforman o programa 'Primavera en ruta'

Venres 26 de marzo do 2010

Os interesados e interesadas en participar poden inscribirse, tanto nas oficinas do Pazo da Cultura, como na sede de Protección Civil de Carballo. Este paso é necesario porque algunhas das rutas contan con límite de prazas. Aínda que o horario de saída das rutas é fixo o horario de chegada será variable, segundo a actividade. A organización informa de que os desprazamentos aos lugares de desenvolvemento da ruta están incluídos, así como a comida, que se repartirá en bolsas ao comezo de cada ruta. Entre as recomendacións para participar, Senda Nova explica que os percorridos están dirixidos a persoas maiores de 12 ou 13 anos cunha condición física normal. Entre as advertencias, lembra aos participantes a necesidade de levar unha mochila, un impermeable, roupa e calzado axeitado (especialmente no calzado, xa que pode haber lama).

As datas, características e horarios das rutas son os seguintes:

  • 11 de abril: Camiños de Aldemunde. Distancia aproximada: 8 quilómetros; parroquias: Rodís, Andoio e Aldemunde; concellos: Cerceda, Carballo e Tordoia; saída: O Toural (A Silva); chegada: Dolmen de Pedra Moura.
  • 18 de abril: Terras do Marqués. Distancia aproximada: 15 quilómetros; parroquias: Ardaña e Artes; concellos: Carballo; saída: Gontade (Ardaña); chegada: As Pallas (Artes).
  • 9 de maio: Razo-Baldaio para protexer. Distancia aproximada: 14 quilómetros; parroquias: Razo, Lema, Noicela e Rebordelos; concellos: Carballo; saída: Santa Mariña (Razo); chegada: Dolmen de Pedra Moura.
  • 16 de maio: O son do Anllóns. Distancia aproximada: 17 quilómetros; parroquias: Carballo, Sísamo, Goiáns, Verdes, Xornes, Cereo e Corcoesto; concellos: Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana; saída: Parque do Anllóns (Carballo); chegada: Igrexa de Corcoesto (Cabana).
  • 30 de maio: Tras as pegadas do wolframio. Distancia aproximada: 16 quilómetros; parroquias: Oza, Razo e Cambre; concellos: Carballo e Malpica; saída: igrexa de Oza (Carballo); chegada: igrexa de Cambre (Malpica).
  • 13 de xuño: Coristanco histórico. Distancia aproximada: 18 quilómetros; parroquias: Seavia, Ferreira, Couso e Cuns; concellos: Coristanco; saída: igrexa de Seavia (Coristanco); chegada: igrexa de Cuns (Coristanco).

O Tenente de Alcalde e Concelleiro de Medio Ambiente, José Antonio Viña, quixo agradecer a Senda Nova o seu traballo na recuperación do patrimonio carballés, especialmente "dende abaixo". Tamén manifestou a vontade do Concello de seguir colaborando con estas iniciativas. A Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, valorou a presenza dunha iniciativa que mestura cultura, natureza, patrimonio e deporte, a animou a Senda Nova a que sigan traballando nesa liña.

Compartir: