Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita a concesión dunha nova...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello solicita a concesión dunha nova Escola Obradoiro para formar a menores de 25 anos

Luns 12 de abril do 2010

Hai que lembrar que o Concello clausurou no mes de decembro unha Escola Obradoiro (na imaxe a entrega de diplomas) que se desenvolveu ao longo de 18 meses e que conseguiu formar a 40 alumnos e alumnas en ocupacións tales como carpintería de aluminio, albanelería e pladur, cantería, electricidade e xardinería. O alumnado tamén recibiu formación complementaria de xestión empresarial, educación compensatoria, prevención de riscos laborais e outras materias relacionadas coa actividade laboral e empresarial. Algúns dos traballos realizados polo alumnado na última Escola Obradoiro son a construción da Praza do Outeiro (situada fronte aos antigos xulgados), da Praza Eduardo Pondal (na rúa do mesmo nome no entorno do CEIP Bergantiños) ou da Nave 1 da Casa dos oficios do Proxecto Fórum Carballo (no barrio da Milagrosa).

A Xunta de Goberno tamén serviu para adxudicar provisionalmente o contrato de obra para a 'Pavimentación de pista en Constenla', que recaeu en Alejandro Martínez e Hijos SL. O prezo estipulado é de 52.278,64 euros e o prazo previsto para a execución das obras é de tres meses. No mesmo apartado, tamén se ten adxudicado provisionalmente o contrato administrativo de servizos para o 'Mantemento e conservación dos ascensores do Concello de Carballo'. Durante a sesión recibiu luz verde a concesión das subvencións ás ANPAS dos centros escolares do municipio para a realización do programa de actividades 2010, por un importe total de 8.525 euros repartidos en 11 entidades. Por último, tamén se adxudicaron as Subvencións para viaxes escolares 2010 de carácter cultural para centros de ensino por un importe total de 6.555 euros.

Compartir: