Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Policía Local e os servizos de...

HOUBO UN TOTAL DE CINCO FERIDOS

A Policía Local e os servizos de emerxencias teñen atendido un total de 16 accidentes e 7 incendios no mes de marzo

Mércores 14 de abril do 2010

Respecto dos delictos contra a seguridade viaria, a Policía Local informa de que se teñen producido 8 durante o pasado mes. Deles, cinco refírense a alcoholemias positivas, mentres que 3 son condutores que circulaban sen carné. En canto ás persoas detidas e as citacións para xuízos rápidos no mes de marzo, houbo unha persoa detida; oito imputados non detidos; e sete persoas citadas para xuízo rápido, nun total de 16 incidencias. No apartado de multas, marzo conlevou un total de 245 infraccións, das que 237 foron tramitadas polo Concello. A Policía Local lembra que das infraccións tramitadas polo Concello, as alcoholemias administrativas, a conducción temeraria, o uso de teléfono móbil, entre outras, levan aparellada a detracción de puntos no carné de conducir. O informe da Policía Local péchase coa actividade da grúa, que retirou 17 vehículos e atendeu 22 incidencias.

No que respecta á actividade desenvolvida polo Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) de Protección Civil de Carballo, hai que subliñar que atenderon en marzo un total de 22 emerxencias, das que sete correspóndense con incendios urbanos: nunha habitación, nun timbre, nunha máquina, en dúas cociñas, nunha terraza, ademais dunha falsa alarma e unha colaboración co Parque Comarcal de Bombeiros. Tamén, fóra do casco urbano, atenderon un incendio producido nuns cables e dous incendios nuns vehículos, cunha falsa alarma. No que respecta a accidentes de circulación, o Grumir ten efectuado 6 limpezas viarias, atendendo un accidente na circunvalación da autopista AG-55. Atenderon, así mesmo, un incendio forestal, unha busca, un accidente laboral ou un desprendemento dunha cornixa. No que respecta ao global da actividade desenvolvida polo Grumir no mes de marzo, estiveron presentes nun total de 125 incidencias, cunha actividade de 135 horas e 15 minutos.

Compartir: