Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello ten recibido no primeiro trimestre de...

A MAIORÍA, 248, REFÍRENSE AO ALUMEADO PÚBLICO

O Concello ten recibido no primeiro trimestre de 2010 un total de 445 avisos de veciños e veciñas

Xoves 15 de abril do 2010

En porcentaxes, o segundo dos servizos que máis demandan os veciños e veciñas enmárcase dentro do programa de Carballo Limpo, cun 27,6 por cento das demandas e un total de 123 avisos. Este servizo comprende diversas accións destinadas a conservar o medio ambiente grazas á colaboración da veciñanza, e dentro das súas actuacións inclúense, por exemplo, os labores de desratización ou os de mantemento dos colectores de recollida de lixo e de recollida selectiva. En terceiro lugar atópanse os servizos en xeral de auga, luz, recollida de lixo, saneamento ou teléfono, pero xa cun 6,9 por cento e un total de 31 avisos. Logo, sitúanse os avisos relacionados co equipamento e o mobiliario das instalacións deportivas e os edificios municipais. Con 20 avisos supoñen o 4,4 por cento.

As peticións referentes á limpeza de zonas verdes, parques, xardíns e zonas públicas en xeral son un total de 8, ao igual que as referentes ás deficiencias na rede viaria, con outros 8 avisos. Cada unha destas categorías supón un 1,7 por cen do total. Por último, as alertas relacionadas coa sinaléctica, é dicir, coa substitución e reparación de sinais de tráfico e carteis indicadores, abarcan cun total de 7 peticións que supoñen o 1,5 por cen do total. Por meses, o que tivo un maior número de incidencias foi o de xaneiro, con 186, en parte, debido á grande demanda de arranxos no alumeado, con 107. Por parroquias, a que rexistra un maior número de avisos é a de Carballo, seguida de Sofán, Rus e Berdillo. Os veciños e veciñas interesados en obter máis información sobre os servizos de mantemento do Concello poden facelo nesta mesma páxina web, <www.carballo.org> ou na web de <www.carballolimpo.com>.

Os interesados e interesadas tamén poden descargar en pdf a táboa cos datos, clasificados por meses e anos, nesta mesma nova.

Compartir: