Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello informa da realización de catro...

INSCRICIÓNS ATÉ O 5 DE MAIO

O Concello informa da realización de catro cursos formativos no marco do proxecto Fórum Carballo

Venres 16 de abril do 2010

En canto aos programas das accións formativas, que está previsto que arrinquen o luns 10 de maio en horario de 15.00 a 20.30 horas, son os seguintes:

  • Obradoiro formativo de Soldadura TIG. Trataranse, entre outras, as seguintes temáticas: simboloxía e posicións da soldadura; características dos electrodos; técnica con arco TIG; características dos equipos; parámetros e variables da soldadura; polaridades; gases de protección empregados no procedemento TIG; control de temperatura; metais de achega; ou procedemento de homologación. Data de finalización: 9 de decembro. Duración do curso: 780 horas.
  • Obradoiro formativo de Carpintaría de madeira. Abordaranse, entre outras, as seguintes temáticas: coñecemento das ferramentas da carpintaría de madeira; toma de datos, elaboración de croquis e planos de carpintaría e moble; planificación, fabricación, montaxe, axuste e rematado das instalacións de elementos de carpintaría; ou aplicación de produtos de acabado, tinxido e acabados especiais ou decorativos. Data de finalización: 19 de novembro. Duración do curso: 715 horas.
  • Obradoiro formativo de Colocador de prefabricados lixeiros. Trataranse, entre outras, as seguintes temáticas: a planificación, replantexamento e orzamento da obra de modo que os traballos sexan executados de xeito racional, rápido e eficaz; a instalación de falsos teitos, particións, mobles e outros elementos de decoración construídos con prefabricados lixeiros, ben con pasta, ben con fixacións mecánicas; traballos auxiliares na colocación de prefabricados lixeiros, como a demolición de pequenos elementos ou a preparación para albergar as instalacións. Data de finalización: 19 de novembro. Duración do curso: 715 horas.
  • Obradoiro formativo de Instalador electricista de edificios. Abordaranse, entre outras, as seguintes temáticas: liñas eléctricas de baixa tensión en edificios e equipamentos urbanos; postas a terra en edificios e equipamentos urbanos; automatismos eléctricos en edificios; cadros eléctricos en edificios; máquinas eléctricas en edificios; instalacións de enerxía solar fotovoltaica en edificios: instalacións de megafonía e instalación de intercomunicación en edificios; instalación de seguridade en edificios. Data de finalización: 19 de novembro. Duración do curso: 715 horas.

Os interesados e interesadas en obter máis información, poden facelo no Centro de Formación de Carballo ou no teléfono 981 755 211.

Compartir: