Inicio Carballo ao día Hemeroteca O proxecto da nova Escola Obradoiro carballesa...

O CONCELLO SOLICITA FINACIAMENTO DA XUNTA POR 1.002.552 EUROS

O proxecto da nova Escola Obradoiro carballesa persegue a mellora do entorno do Bosque do Añón

Venres 16 de abril do 2010

O Obradoiro estaría dividido en tres fases de seis meses cada unha, co seguinte reparto de fondos: unha primeira de 283.017,60 euros; unha segunda de 357.002,88 euros; e unha terceira de 362.532,48 euros. A achega prevista por parte do Concello sería de 288.732 euros, chegándose así ao orzamento total de esta acción formativa: de 1.291.284 euros. O Concello conta no entorno do Bosque do Añón con aproximadamente 35.000 metros cadrados de titularidade municipal, aínda que a actuación estaría centrada, case con toda probabilidade, no entorno da antiga potabilizadora. Dependendo do importe e do número de módulos que conceda a Consellería de Traballo, está prevista a creación dunha zona de barbacoas; dunha área deportiva para practicar paddle, fútbol sala ou baloncesto; a creación dunha área cuberta con gradas para organizar espectáculos ou incluso unha zona de estacionamento con capacidade para 80 vehículos. A esto, habería que sumar unha nova nave para a Bridaga de Obras no polígono de Bértoa.

Tanto o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, como o Tenente de Alcalde, José Antonio Viña, ou a Concelleira de Formación, María Manso, subliñaron a importancia de que a Consellería atenda esta solicitude, non só polo espazo que se vai rehabilitar, "cun elevadísimo nivel de uso" e "que hai que potenciar", senón polo feito de que Carballo sexa o municipio de máis de 21.000 habitantes que conta coa maior taxa de paro entre os menores de 25 anos. Segundo Ferrero "estes parados merecen unha atención" e que a demanda da escola obradoiro, especialmente destinada a este colectivo, "sexa atendida". Así, Carballo conta cun total de 364 menores de 25 anos en situación de desemprego, cun índice dun 10,46 por cento. Pola súa banda, María Manso subliñou a importancia de que os xóvenes desempregados formalicen a súa inscrición na Oficina de Emprego para poder optar a inscribirse na Escola Obradoiro cando chegue o momento. Está previsto que as deliberacións na Consellería se produzan no mes de maio, de tal xeito que as Escolas que saian adiante podan iniciar a súa actividade o 30 de xuño.

Compartir: