Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Policía Local de Carballo conta cun novo...

O OBXECTIVO É INDUCIR AOS CONDUTORES A EVITAR O ALCOL

A Policía Local de Carballo conta cun novo vehículo de control de tráfico con etilómetro

Luns 19 de abril do 2010

Segundo explicou o Xefe de Tráfico, Pedro Pastor, o seu departamento está levando a cabo a renovación dos vehículos de tráfico que se teñen quedado obsoletos, sendo substituídos por monovolumes máis modernos, que contan con máis espazo e facilitan a realización dos controis de alcolemia e outras actuacións. O obxectivo deste tipo vehículos é o de "establecer controis que induzan á xente a non beber". Así mesmo, o Subdelegado do Goberno subliñou o feito de que este tipo de medios teñen unha función "non tanto punitiva como de advertencia", para conseguir que a xente faga caso da máxima de "se bebes non conduzas". Así, Pose Mesura resaltou que o gasto económico que se realiza en medios de control de tráfico é moi superior á recadación obtida cos controis e coas sancións.

Por outra banda, Pedro Pastor resaltou que nestes momentos a Xefatura de Tráfico está tentando axilizar a relación entre os concellos e o departamento a través de convenios para optimizar os recursos e ir conseguindo novos obxectivos, que pasan pola redución dos accidentes non só nas estradas, senón tamén nas poboacións. Así mesmo, Constantino Vázquez informou de que está previsto que a Policía Local conte en breve cun novo radar portátil para realizar controis en diferentes puntos da rede viaria; e o Xefe Provincial de Tráfico informou de que proximamente tamén está previsto renovar algúns dos equipos que operan na Costa da Morte, substituíndo algunha das cámaras fotográficas analóxicas dos radares por cámaras dixitais, para axilizar a xestión das sancións. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibiu as chaves do vehículo, que examinou polo miúdo, e agradeceu a colaboración coa Xefatura Provincial e a Subdelegación.

Compartir: