Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aborda a aprobación do convenio de...

A SESIÓN INCLÚE A INICIATIVA VECIÑAL DE SAN SALVADOR DE SOFÁN

O pleno aborda a aprobación do convenio de colaboración co Consorcio Galego para a xestión do Centro de Día

Venres 23 de abril do 2010

Outro dos asuntos da orde do día é a aprobación da Iniciativa veciñas da Asociación San Salvador de Sofán que ten o obxectivo de adquirir unha parcela de 913 metros cadrados e valorada en 80.000 euros para ampliar o espazo público do adro da igrexa de Sofán e poder celebrar as actividades parroquiais. A iniciativa consiste en que o financiamento da adquisición repártese a partes iguais entre o Concello e a Asociación, con 40.000 euros cada parte. Os veciños ou entidades poden realizar achegas dun mínimo de 50 euros. Una vez adquirida a parcela, o Concello asume a elaboración do proxecto de remodelación, para o que xa hai un pequeno borrador. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, fixo un chamamento para que todas aquelas empresas, veciños/as e asociacións que queiran colaborar o fagan para poder conseguir a mellora do adro.

Así mesmo, a sesión inclúe a ratificación da cesión de terreos por parte da Deputación Provincial no ámbito da estrada provincial DP-1914 a Santiago para a execución de beirarrúas e realizar obras de urbanización na Canosa, Ponte Rosende e Taboada. Estas actuacións de mellora de beirarrúas nas parroquias de Ardaña, Rus e Entrecruces están incluídas no POS (Plan de Obras e Servizos) 2010 por 181.370,51, 160.850,91 e 40.376,57 euros cada proxecto. Así mesmo, a sesión recolle unha encomenda ao Padroado Deportivo Municipal pola que se lle solicita a cesión de catro socorristas para ofrecer o servizo de vixilancia nas praias carballesas durante o verán. En anos anteriores non foi posible cubrir as 32 prazas para desenvolver este servizo en primeira convocatoria, polo que se decidiu que este ano a convocatoria é de 28 socorristas, sendo as catro prazas restantes cubertas por persoal do Padroado.

Por último, o apartado de mocións recolle tres propostas, dúas presentadas polo grupo municipal de Terra Galega e outra polo do PP. No caso de TEGA a primeira delas, que foi aprobada por unanimidade na comisión informativa, solicita que os concellos poidan contar cos fondos necesarios procedentes doutras administración para poder cumprir as esixencias da Lei de Dependencia. A segunda refírese á adquisición de terreos no ámbito do Plan Especial do Río Anllóns no entorno da travesía do Fondal, en Bértoa. No caso do PP, a moción solicita a supresión da rotonda do barrio de San Cristovo para reordenar o tráfico. O Goberno informa de que a glorieta foi instalada atendendo exclusivamente o criterio dos técnicos municipais ao estar situada nun lugar onde conflúen cinco rúas.

Compartir: