Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e 31 agrupacións do municipio...

REALIZARÁN ACTUACIÓNS AO LONGO DESTE ANO

O Concello e 31 agrupacións do municipio subscriben o Convenio Musical 2010 por máis de 20.000 euros

Xoves 6 de maio do 2010

O obxectivo deste convenio é o de difundir o labor das agrupacións musicais do municipio e colaborar coas entidades que desenvolven actividades culturais en Carballo. O prazo límite para presentar as peticións de actuacións é o 20 de novembro de 2010, aínda que a actuación poderá realizarse até o 30 de decembro, debendo, para percibir as asignacións, presentarse o certificado antes de fin de ano. As actuacións aboaranse de acordo coas seguintes cantidades: grupos de música e danza tradicional: 350 €; grupos de gaitas e cantareiras: 260 €; masas corais (entre 10-29 compoñentes): 260 €; masas corais(a partir de 30 compoñentes): 425 €; orquestras, conxuntos e bandas de música: 350 €. O presuposto total que se investirá neste convenio é de 20.440 €.

Hai que lembrar que en marzo de 2009, a raíz dun acordo da Xunta de Goberno, acordouse incrementar os cachés das actuacións das agrupacións participantes, ademais de que na sesión celebrada o 1 de febreiro deste ano acordouse incrementar o número de compoñentes das masas corais ata 30, e a aquelas que teñen entre 10 e 29 compoñentes asignóuselles o mesmo importe que aos grupos de cantareiras e gaitas. Así mesmo, asignouse empregar como criterio de selección dos grupos que a porcentaxe máxima de membros que poden pertencer a diferentes agrupacións da mesma modalidade é dun 50 por cento. Por último, acordouse abrir o pasado mes de febreiro un prazo de 20 días para que as agrupacións presentasen as solicitudes para tomar parte no convenio. Finalmente, son 31 as que están incluídas.

Compartir: