Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pequebasket propón unha xornada...

SÁBADO 28 DE ABRIL NO PAVILLÓN CARBALLO CALERO

O Pequebasket propón unha xornada lúdica e para desfrutar do baloncesto dirixida a nenos e nenas de 4 a 7 anos

Mércores 25 de abril do 2012

Outra das características do Pequebasket é que, para que os participantes se centren en pasalo ben, non haberá nin marcadores nin resultados dos encontros. Diego Vázquez, presidente de Carballo Basket, quixo subliñar ademais que se quixo facer unha xornada dirixida tamén aos pais, para que se sintan partícipes do que pretenden que sexa unha festa do deporte e do baloncesto. Tanto é así que haberá animación musical durante toda a tarde e a organización espera que moitos cativos e cativas de fóra dos clubs participantes (que xa suman arredor de 100) se animen a achegarse ao pavillón "para facer un día inesquecible e que o ano que vén poidamos duplicar a asistencia". Así mesmo, o presidente do Club Baloncesto Artai, Joaquín Moreira e o de Basquet Coruña, Carlos Lamora, quixeron agradecer a invitación para participar nesta cita, especialmente porque "a base é un piar fundamental" dos clubes, segundo Lamora. Por último, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo subliñar tamén a importancia das categorías inferiores e subliñou "que os carballeses e carballesas son uns privilexiados por contar con dúas escolas potentes de basket". Así mesmo, desexou que esta cita "sexa un paso máis para a consolidación do baloncesto no mundo do deporte de Carballo e a comarca".

Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador da cita en pdf nesta mesma nova.

Compartir: