Inicio Carballo ao día Hemeroteca A primeira proba do Campionato Galego de...

MARTES 1 DE MAIO A PARTIRES DAS 9.00 HORAS

A primeira proba do Campionato Galego de Motocross abre a tempada 2012 no Circuíto de Motor de Bértoa

Venres 27 de abril do 2012

O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo subliñar a importancia que ten que o Campionato Galego visite Carballo durante catro anos seguidos e resaltou que a celebración de probas deste tipo demostra a grande capacidade organizativa das entidades do motor do municipio. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo agradecer o labor de Juan Puga e o seu "esforzo ano tras ano", xa que sen el "o deporte do motor sería inexistente" na vila. Amosou a súa satisfacción por que o Circuíto de Motor teña "cada vez máis utilidade" e tamén manifestou a súa confianza en que, se o tempo acompaña, o público asista á proba, xa que "a experiencia demostra que as de motocross son das que máis afeccionados moven". Por último, desexou que o público poida desfrutar "dun extraordinario espectáculo deportivo" e animou á xente á que asista. En representación dos patrocinadores estivo na rolda de prensa o responsable de Creativa Dixital, César García de Seárez, que quixo tamén agradecerlle a Juan Puga o seu labor, que ten permitido que unha proba de Motocross teña cabida en Carballo durante once anos. Tamén patrocinan ou colaboran coa cita o CCB Gadis, Alquileres Reneymar, Castro Queijo, Marmolería José Rey, Horbesa, Big Mat, Divinity, Beos e Grupo Oro Caixa. A nivel institucional, ademais do Concello de Carballo, colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Motocross e Protección Civil de Carballo.

Compartir: