Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo dedícalle a Praza do recinto...

A DECISIÓN TOMOUSE POR UNANIMIDADE NO PLENO DE MARZO

Carballo dedícalle a Praza do recinto Fórum Carballo aos trece Bombeiros Voluntarios nun emotivo acto

Sábado 28 de abril do 2012

Ricardo Vilas tamén subliñou que o labor dos voluntarios non se limitaba ao Concello de Carballo, senón que se estendía a concellos limítrofes como A Laracha, Malpica ou Vimianzo. De feito, na homenaxe estiveron presentes o Alcalde da Laracha e o Tenente de Alcalde de Malpica. Vilas quixo agradecer en nome de todos os bombeiros a decisión unánime da corporación de dedicarlles a Praza, pero tamén quixo agradecerlles aos seus "compañeiros" o labor que fixeron no seu día, cando el era concelleiro na corporación que dirixía José Sánchez Vilas e se sentía na obriga de protexer aos veciños e veciñas, xa que "aceptaron todos de bo grado", axudando "non só ao Concello, senón tamén a min persoalmente". O Alcalde quixo subliñar que "os pobos construímolos as persoas e o recordo a esas persoas" e tamén agradeceu que "este acto conte co aval do conxunto dos grupos da corporación, que se unen "neste acto sentido e público". Tanto Vilas como Ferrero tiñeron verbas especiais para os voluntarios que xa non están entre nós, e o Alcalde rematou desexando "que o nome dos Bombeiros Voluntarios sexa honrado polos actuais e polo que están por vir".

A decisión para denominar a Praza do Fórum Carballo como Praza dos Bombeiros Voluntarios tomouse na sesión plenaria do pasado mes de marzo por unanimidade de todos os membros da corporación. Este espazo carecía de nome ata o momento e a corporación valorou que será un lugar que terá relevancia futura como acceso principal ao novo complexo administrativo e de formación. Con este acordo, revocouse a resolución do pleno municipal do 31 de xaneiro de 2011 polo que se nomeaba a intersección da Rúa Perú coa Ponte da Pedra como Glorieta dos Bombeiros Voluntarios.

Compartir: