Inicio Carballo ao día Hemeroteca As xogadoras do Xiria Gestiber de voleibol...

NO PAVILLÓN DA ZONA ESCOLAR O SÁBADO 5 DE MAIO

As xogadoras do Xiria Gestiber de voleibol disputan a Fase interprovincial para tentar acceder á Liga Galega Infantil

Xoves 3 de maio do 2012

Rosalino Mariño aproveitou a presentación para agradecer ao Concello, a través de Carballo Deporte, a súa colaboración e esforzo por acoller a eliminatoria, xa que outras cidades tamén se ofreceron a ser as anfitrionas da Fase interprovincial. En caso de chegar ao play off polo ascenso como gañador da Fase, o Xiria Gestiber loitaría contra o último clasificado da Liga Galega nesta tempada. O segundo clasificado na Fase interprovincial, xogará co penúltimo clasificado na competición autonómica. Precisamente para recoñecer o excelente traballo que están realizando os clubs carballeses no deporte de base, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibe na Alcaldía o venres 4 de maio a partires das 17.45 horas aos xogadores do Ifecgás Pereira Xiria, que veñen de gañar o Sector zonal do Campionato de España de Balonmán en categoría Xuvenil Masculina, o que os mete directamente entre os oito mellores equipos de España. Tamén falará cos xogadores do Club Baloncesto Artai na categoría Júnior Masculina, que veñen de acadar o ascenso á Liga Galega despois de proclamarse campións provinciais e vencer nos play off.

Os interesados e interesadas poden descargar en pdf o cartel anunciador da Fase interprovincial de Voleibol en categoría Infantil Feminina.

Compartir: