Inicio Carballo ao día Hemeroteca Confirmada a listaxe dos 24 mozos e mozas que...

PAÍSES COLABORADORES: ALEMANIA, ITALIA, POLONIA E REINO UNIDO

Confirmada a listaxe dos 24 mozos e mozas que realizarán prácticas por toda Europa co programa Carballo en movemento

Venres 4 de maio do 2012

A iniciativa concede prioridade a aqueles colectivos que están en situación de desemprego e sen experiencia previa, así como ás mulleres e a persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social, por ser os grupos con maior problema de empregabilidade. Esta proposta pretende mellorar os perfís e a cualificación profesional dos beneficiarios, capacitándoos para facer fronte aos novos retos laborais e ás necesidades dun mercado de traballo cada vez máis esixente no que a formación e experiencia se refire. Así mesmo, a iniciativa beneficia ao tecido empresarial local, que disporá, tralo regreso dos participantes, de mozos e mozas preparados e formados nun entorno internacional e intercultural. O Concello de Carballo, como promotor do proxecto, encárgase da súa coordinación xeral a través da Concellaría de Formación e Emprego que dirixe Marcos Trigo, así como da información e selección dos mozos/as beneficiarios/as xunto coas empresas dos países de destino, da preparación previa á mobilidade, da titorización a distancia dos beneficiarios/as ou da difusión e avaliación do proxecto. A listaxe completa de admitidos/as, así como a listaxe de agarda pode consultarse nun documento en pdf neste mesmo aviso.

Compartir: